A Enfermidade de Parkinson: Proposta de Terapia Multidisciplinar

Por: Dina Asensio Campazas e Miguel Fernández Del Olmo.

VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa

Send to Kindle


Resumo

Preténdese dar a coñecer o que é a enfermidade de Parkinson: coñece-la súa etioloxía, evolución, sintomatoloxía, evolución, tratamento actual... Ó tempo, preséntase unha terapia conxunta entre diferentes profesionais da saúde (médicos, licenciados en Educación Física, fisioterapeutas, psicólogos, logopedas, etc. ) levado a cabo na Asociación Parkinson Galicia, prestando principal atención ó labor desempeñado por licenciados en Educación Física: os obxectivos e contidos que presenta na súa intervención práctica. En ditos obxectivos atopamos como principais a mellora da calidade de vida dos enfermos a través dun enfoque global da persoa, abranguendo tanto os seus aspectos psíquicos, cognitivos, motrices, sociais e afectivos. Contidos, como otraballo coordinativo a través de secuencias rítmicas, son levadas a cabo mediante tareas diversas, e a súa potencialidade terapéutica está sendo constatada empiricamente no día a día

Comentários


:-)





© 1996-2019 Centro Esportivo Virtual - CEV.
O material veiculado neste site poderá ser livremente distribuído para fins não comerciais, segundo os termos da licença da Creative Commons.