A Motivación Humana: Reflexións no Principio do Século XXI e Unha Proposta de Integración
Por Milagros Ezquerro (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
A revisión das diferentes propostas teóricas que, ó longo do século XXI se teteñen xerado dende diversas perspectivas, ofrece un panorama tan diverxente que o interesado corre o risco de naufragar. Nesta área, pódense atopar contribucións relevantes, que botan luz sobre certos aspectos da motivación, aínda que de xeito parcial, xunto con conceptos que inducen á confusión pola súa notable semellanza. Algunhas teorías lograron concita-lo interese dos investigadores, mentres que outras foron relegadas á simple reseña histórica nos textos especializados, sen que, en tódolos casos, este exilio poida xustificarse con criterios científicos. En suma, non pode afirmarse que a evolución teórica da motivación, ó longo deste século, responda á dinámica que se atribúe ó concepto de paradigma, no senso de que un novo modelo, substitúe ó precedente en virtude do seu maior poder explicativo e dunha superior consistencia empírica. Aínda que, certamente, nalgúns casos, as teorías perderon a sús vixencia á luz dos datos dirixidos á súa refutación; noutros moitos casos, non é doado atopar xustificacións para a súa desaparición. A moda, tomada tanto no sentido estatístico, coma na súa acepción popular, parece evidenciarse nas tendencias que se observan, aproximadamente, en intervalos de vinte en vinte anos, subindo e baixando polas ondas do interese investigador. E un pregúntase ata que punto a abafante proliferación teórica non contribuirá a xerar confusión máis que a iluminar un problema importante.