Resumo

A Educación Física está considerada como unha área de integración do currículo, razón pola que, en teoría, asisten tódolos nenos e nenas sen excepción. Pero esta asistencia pode converterse nunha simple permanencia física se non se habilitan os médios necesarios de apoio para o especialista desta área cando se integran na súa aula alumnos con necesidades educativas especiais (NEE). Por outra banda, os mestres especialistas en Educación Especial (EE) que, pola súa formación, poden constiuír persoal de apoio cualificado na área de Educación Física, teñen poucas oportunidades de comunicación con especialista desta área. OBXECTIVOS Os obxectivos do presente estudio pódense concretar en dúas liñas:a. Coñecer en que circunstancias realizan os nenos con NEE as actividades físicas: se asisten dunha forma normalizada co grupo de clase ou se o fan desde formulacións individuais á marxe das sesións ordinarias da materia curricular.b. Coñece-lo grao de motivación e competencia percibida dos profesionais de EE no seu labor de apoio ós mestres especialistas en EF, así como as vías que o sistema educativo mantén para que poida ter lugar este apoio.