Motricidade Intelixente na Vellez

Por: Eugenia Trigo Aza, M. Blanco Ferreiro e P. Gelpi Fleta.

VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa

Send to Kindle


Resumo

A imaxe do corpo dun vello é a dun corpo canso, deteriorado, máis lento, máis torpe, menos bonito do que desexariamos conservar para toda a vida. Pero un corpo envellecido é tamén un corpo cheo de sensacións, emocións, sentimentos e necesidades. O paso dos anos produciu nel modificacións, tanto internas como externas, debido ó proceso natural do envellecemento das células, tecidos e órganos. Pero non son estas modificacións senón a forma de interiorizalas o que vai determinar como vive e sente o corpo do ancián. É necesario asumir estas transformacións sufridas polo corpo ó chegar á vellez como un momento máis no devir da nosa vida. Esas modificacións, aínda sendo negativas, non son inutilizantes e nos instan a buscar novas fórmulas de emprego do corpo para levar unha vida acorde coas necesidades e requirimentos do momento presente. Os obxectivos do noso estudio centraranse, entón, en contribuír na mellora da calidade de vida dos anciáns mediante a nosa intervención, entendendo a vellez como un novo estado vital e non como enfermidade (facendo que se sintan útiles) e en demostra-la aplicabilidade dunha Educación Motriz Global Intelixente na planificación dunha actividade para este grupo de persoas.

Comentários


:-)





© 1996-2020 Centro Esportivo Virtual - CEV.
O material veiculado neste site poderá ser livremente distribuído para fins não comerciais, segundo os termos da licença da Creative Commons.