Resumo

A organización privada do deporte fundamentada no asociacionismo, e polo tanto, sen ánimo de proveito, desenvolvese ó longo do século XX consolidando unhas estructuras sólidas a través das federacións (internacionais, nacionais e autonómicas) e doComité Olímpico Internacional, que progresivamente, impulsa os comités olímpicos en cada un dos países. Esta organización privada do deporte é a que elabora o regulamento ou codificación de cada unha das modalidades deportivas para que poidan ser practicadas en calquera lugar baixo as mesmas regras, xurdindo unha burocracia en cada deporte que defenderá os seus intereses, aínda en contraposición a outras modalidades deportivas.