Resumo

O feito da práctica deportiva, por si mesmo, non constitúe unha garantía de integración social; pola contra, a miúdo, os incapacitados practican deportes baixo fórmulas de segregación que contribúen a perpetua-la discriminación. O presente estudio é unha reflexión sobre as diversas alternativas que a sociedade ofrece ós incapacitados, para concluír facendo unha proposta baseada no principio de inclusión de tódalas persoas e con tendencia á normalización das mesmas. Estas alternativas deben empezar na escola e implicar a tódalas institucións deportivas, clubes e federacións desde unha perspectiva estructural unificada. Polo contrario, seguiremos confinando á marxinación e ó trato con iguais ós incapacitados baixo a denominación de deportes especiais, programados por institucións especiais.