Resumo

O sentido da nosa vida non é outro que a interacción, a comunicación, a inmersión e o contacto co mundo que nos rodea, co seu espacio, seus obxetos..., que nos converten nun ser social. Incluso os nosos actos innatos, inconscientes, tódolos nosos reflexos de nacemento son mostras de inmersión no infinito. O noso primeiro acto no mundo non é outro que o da motricidade, un clamor de pertenza a este universo cheo de posibilidades utópicas, que pouco a pouco vanse a conveter en realidade a través da aprendizaxe e o esforzo persoal e colectivo. O presente texto intenta recrear de forma esquemática e simple o cambio que o profesor catedrático da Facultade de Motricidade Humana de Lisboa, Manuel Serxio, propuxo na Universidade Estadual de Campiñas, e outras propostas e opinions de diferentes autores sobre este cambio epistemolóxico de educación física e motricidade humana pasando a un estudio do corpo imaginario, o corpo idealizado e o corpo real.