Resumo

Todos escoitamos falar algunha vez da paixón que se dá no mundo do deporte. Un atleta ten que entregarse ó máximo para acada-las súas metas, os espectadores excítanse coas accións do seu equipo e un grande acontecemento deportivo mantén impacientes a poboacións enteiras. ¿Como se pode explicar tal devoción por unha actividade aparentemente intranscendente? Moitos foron os intentos de explica-la intensa relación home-deporte, pero tamén son numerosos os fracasos en tal empresa. Dende distintas ciencias, aparecen estudiosos que atopan nesta relación o resultado de procesos lóxicos da dinámica persoal e social.