Actividade Física e Ben-estar Para a Terceira Idade. Un Programa de Intervención no Medio Acuático
Por Francisco Camiña Fernández (Autor), Carmen Alsina Santa Susana (Autor), José Mª.cancela Carral (Autor), Luis Fariña Barreiro (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
A vellez é un dos grandes interrogantes da vida no seu estudio. Desde un punto de vista global, influén factores tan diversos coma os antropolóxicos, biolóxicos, económicos, socioculturais, psicolóxicos e médicos. O feito de que o fenómeno da vellez resulte tan complexo ó longo da historia é porque - á parte do nacemento e a morte - é unha experiencia vital que cada día comparten máis persoas. É paradóxico que ante a omnipresencia dun fenómeno como a vellez e ante a visión prismática que temos dela, non cheguemos a comprendela completamente. O presente traballo (tese doutoral) pretende dar algo de luz en relación á mellora da calidade de vida proporcionada ós anciáns, pola práctica dun programa de exercicio continuado no medio acuático. Idosos, cplp6, Idoso