Análise Corporal das Esculturas da Coruña
Por Raquel Abeal Filgueira (Autor), Mercedes Justo Pena (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
"A escultura é a arte de somete-la materia á forma, imitando os seres vivintes, co fin de encarna-las realidades do espírito e do pensamento". Pódense, polo tanto, coñecer a través dela, importantes realidades dunha época, un lugar ou un personaxe concreto, o seu modo de pensar, de actuar,... de vivir. Polo tanto, consideramos necesario o levar a cabo un estudio adicado á iconografía das esculturas da cidade onde habitabamos: A Coruña. O obxectivo era ben sinxelo: recolle-las representacións artísticas no ámbito da escultura que salpicaban rúas e prazas desta cidade, e aplicar unha análise corporal, tentando ler nelas aspectos significativos vinculantes á importancia que se lle concede ó corpo e ó movemento .