Análise do Xogo En Minibasket: o Pase Como Elemento de Interacción
Por Antônio Montero Seoane (Autor), Miguel Cons Ferreiro (Autor), Raul Fraguela Vale (Autor).
Em VII Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
Non se poden encontrar facilmente na bibliografia referencias sobre o xogo nos deportes de equipo que incidan nas cuestións mais básicas do mesmo, que reflictan o sentido paraos participantes. Nestacomunicación pretendemos acadar unha comprensión mais profunda e específica das interaccións de xogo no minibasket alevín (12 anos) completando, así, traballos anteriores que se ocupaban doutras categorias do baloncesto (infantil e cadete). Para elo desenrolamos unha ficha de rexistro, adaptándoa ás características específicas da categoria de idade estudiada. A continuación gravamos un partido de cada un dos equipos que participan na liga local de minibasket. Nesta competición participan simultaneamente nenos e nenas, ainda que en función da asistencia dos pequenos(as) ós partidos, pódense dar diversas combinacións de participación (mais nenos, mais nenas ou un numeroigual). Tomandoo «intento de pase» como indicador da orientación, colabouracion ou individualista, e analizados os correspondentes partidos atopamos que o numero de xogadores participantes por posesión é inferior o observado en categorias de idade superiores,que o numero de «intentos de pase» e similar á categoria infantil e inferior á cadete. Parecen atoparse diferencias significativas en torno á participación das nenas en relación cos nenos do mesmo equipo nos diversos parámertos rexistrados.