Avaliación do Equilibrio Estático En Persoas da Terceira Idade na Comunidade Galega
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
O equilibrio, pola súa característica de capacidade ou sentido englobador, é resultante de múltiples e diversas interaccións entre diferentes cualidades da persoa; unha persoa cun bo equilibrio vai poñer de manifesto unha boa coordinación entre os seus receptores sensoriais, o seu sistema nervioso central e o seu aparato locomotor. Á vez que é globalizador, o equilibrio pódese ver influenciado negativamente por múltiples factores, pero sobre todo polo deterioro da visión e pola idade: segundo avellentamos, o noso sistema nervioso vai empeorando. Co dito, fica demostrada a importancia do equilibrio dentro da condición física e a nosa elección do mesmo, pois é unha condición sine quae non para a práctica de tódalas tarefas diarias. Para a súa avaliación escollemos a proba de equilibrio estático monopodal con visión, por ser apta para as características deste sector poboacional, polo económica que supón a súa aplicación, e pola contrastada validez de variantes moi similares do "test", incluídas en innumerables baterías sobre a condición física, dende o "Eurofit" ata autores coma E. Guilman ou Fetz e Kornexl.