Resumo

Nesta idade podemos observar que existe unha gran diminución desta cualidade, o cal leva a unha calcificación progresiva das cartilaxes, así como unha menor elasticidade nos ligamentos e na cápsula articular. Todos estes cambios estructurais dos diferentes sistemas orgánicos que afectan a ditas cualidades tradúcense nunha menor "performance", entendéndose neste caso como unha gran perda de autonomía, que comporta unha menor sociabilidade, maior dependencia e un aumento do risco de lesións. Por esta razón faise lóxico o tratamento e medición desta cualidade nas persoas de máis avanzada idade, que é onde nos pareceu máis interesante centra-lo noso traballo. Escollemos por tanto, para medir, unha proba de flexibilidade bastante completa implicando ás costas e ós membros inferiores . Todo iso en " pro " de proporcionar unha boa información e "feed–back", para a mellora da autonomía , socialización e rendemento destas persoas.