Avaliación da Resistencia Aeróbica En Individuos Maiores de 60 Anos na Comunidade Galega
Por Carmen Alsina Santa Susana (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
Dentro do noso estudio orientado á terceira idade, debemos ter en conta que non só a idade cronolóxica é un factor condicionante, sendo a madureza biolóxica un dos datos máis condicionantes no noso estudio. Así, presupoñemos que a terceira idade virá marcada polo dualismo envellecemento-enfermidade. Coñécese como enfermidade a unha alteración do organismo producida por diversas causas, e o principal efecto consiste en modifica-las relacións normales entre os distintos compartimentos do organismo, e que con frecuencia é irreversible, aínda que en ocasións remata pola cronificación ou a morte. O envellecemento é un proceso biolóxico irreversible, caracterizado por diminuí-las funcións habituais dos órganos e sistemas do corpo, o cal dificulta a súa adaptación ós estímulos que proveñen do interior e se orixinan fóra do mesmo.