Resumo

Hoxe en día son cada vez máis os discapacitados físicos que demandan práctica deportiva. Nembargantes, estas persoas atópanse cunha serie de problemas á hora de afronta-las actividades deportivas, especialmente cando se fala de deportes sociomotrices, xa que actualmente a oferta deportiva por parte da que podemos considerara-la principal vía de acceso a este tipo de práctica por parte de persoas que sufren algún tipo de discapacidade física vía federativa é bastante reducida. Recordemos que dentro das modalidades deportivas que se poden practicar por parte de persoas con algún tipo de minusvalía atópanse entre outros o atletismo, o ciclismo, a natación, o levantemento de pesas, o tenis, o tenis de mesa, o voleibol, o tiro olímpico, o tiro con arco, etc. A maior parte destas disciplinas deportivas son deportes psicomotrices. Hai, sen embargo, moi poucos deportes que se poidan practicar colectivamente. Tan só o voleibol, o rugby en cadeira de rodas e o baloncesto en cadeira de rodas se atopan entre este tipo de deportes