Resumo

O ascenso do R.C. Deportivo da Coruiía á primeira división da Liga de Fútbol Profesional, na tempada 92-93, ofreceunos a posibilidade de materializar os nosos intereses científicos polo tema da violência nos espectadores deportivos. Aobservación participante levada a cabo no Estádio de Riazor (A Coruna), ademais de permitimos conecer os distintos tipos de comportamentos que os espectadores manifestaban e os motivos que os provocaban, facilitounos a aproximación de novo a reflexións teóricas que desembocaron na elaboración da "Teoria dos âmbitos intercondicionantes", a través da cual tentamos explicar e comprender a violência no mundo do deporte. En función das duas investigacións anteriores prantexámonos a necesidade de traballar nunha estratexia de intervención que contribuíra á concienciación e remodelación destas conductas violentas: a "Educacion para a nonviolencia". O obxetivo da comunicación é presentar a súa filosofia e características. No proceso de traballo asumimos o marco teórico da "Educacion para a paz", o adaptamos ó contexto da Educacion Física e do Deporte e a partir de él definimos a "Educacion para a nonviolencia". Como resultado desta adaptación configuramos unha estratexia específica que nos permite suxerir pautas de modificación de comportamentos para os distintos colectivos implicados (xogadores, entrenadores, pais, médios de comunicación e organizadores) e proponer actividades e xogos, tanto de iniciación e perfeccionamento como de especialización, co fin de acadar os obxectivos propios da "Educacion para a nonviolencia". Como conclusión xeral destacar que a "Educacion para a nonviolencia" fai operativa a filosofia do xogo limpio ó tempo que a complementa e reforza.