Resumo

Introdução e objectivos: Existe na actualidade unha discusión latente sobre cal é a mellor modalidade de fútbol de cara a sua utilización na competición das categorías de base. Este traballo parte dende a idea de que o futbol para os nenos debe ser adaptado as suas características tanto físicas como psicolóxicas. No estudo, realizado a través duhna metodoloxía observacio-nal, pretendese comparar os patróns de xogo ofensivo, en tres modalidades diferentes de fútbol en categoría alevín. Obxetivos: (i)establecer un patrón das secuencias de xogo, para as modalidades de Fútbol 5, Fútbol 7 e Fútbol 11, na categoría Alevín, identificando as variables que configuran as diferentes Unidades de Competición - xogadores que participan, accións técnico-tácticas, espacio de xogo e tempo de xogo; (ii)mostrar e xustificar un modelo de ensinanza-aprendizaxe, para a cate-goría alevín, en función dos datos obtidos no estudio. Material e métodos:No desenrrollo do estudo, grabáronse en videocámara 100 minutos de partidos de Fútbol 11 e de Fútbol 5 de categoría provincial; os encontros de Fútbol 7 ana-lizados pertencían o torneo Canal Plus obtidos das retransmi-sións televisivas. Para a codificación dos datos diseñouse un instrumento observacional consistente nun Sistema de Categorías, que presenta un sistema pechado de conductas de xogo, que de forma exhaustiva recolle a mutua exclusividad dos elementos que se poden producir durante a situación analizada do xogo. Neste sistema de categorías distínguense tres grandes grupos: as conductas de inicio, elaboración e finalización da fase ofensiva. Principais resultados e conclusões:Os datos evidencian que nas modalidades de fútbol de situacións reducidas (Fútbol-5), pro-dúcense máis accións técnico-tácticas que nas modalidades de maiores dimensións (Fútbol-11) no mesmo tempo de xogo. Ademais, as secuencias ou patróns de xogo teñen diferencias importantes segundo a modalidade de competición, con distin-ta utilización do espacio de xogo (zonas de inicio, construcción e finalización da acción ofensiva), duración (elaboración ou complexidade da acción ofensiva) e estructura. Conclusións: (i) Podemos decir que a modalidade que máis se adapta a ensinan-za do fútbol en idade alevín e o Fútbol-7; (ii) a pouca frecuen-cia de intervención do Fútbol-11 respecto o Fútbol-7 e Fútbol-5, fai que esta sea unha modalidade pouco adecuada para o aprendizaxe das accións técnico tácticas individuais.