Hábitos Deportivos Previos dos Residentes do Proxecto Home Galicia
Por Ivan Mtinez R. Lemos (Autor), Manuel Pimentel Glez (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
Diversos autores (Castillo e Algueró,1994), non dubidan en afirmar que unha práctica deportiva habitual produce unha visible recuperación orgánica, unha mellora no aspecto externo, unha maior sensación de ben-estar e que todo iso, nunha etapa como a adolescencia, que tende ó illamento do individuo, pode chegar a xerar unha mellora no proceso de socialización ó ensinar, entre outras cousas, a vivir baixo as normas dun grupo aceptando as súas regras. Outros (Gerrero e González,1991), postulan que un programa deportivo individualizado favorece a incorporación social dunha forma anónima, facilita a relación grupal fóra do contorno-problema e colabora na adquisición de habilidades sociais na propia comunidade. Non debemos esquecer tampouco os numerosos beneficios que, a nivel psicolóxico, proporciona a práctica deportiva regular. Entre eles debemos cita-los efectos causales positivos sobre a autoestima, (Sonstroen, 1984; Biddle et al.,1993), a autoeficacia, (Biddle e Mutrie,1992); a reducción da ansiedade, tensión e estrés, (Raglin e Morgan,1987; Berger et al,1988; Petruzzello et al.,1991) e a influencia positiva sobre los estados de ánimo, (Morgan e Pollock,1977;Morgan,1980;Wilson et al.,1980;Gondola e Tuckman,1982; Berger e Owen,1983;Tooman et al,1985;Morgan et al.,1991).