Literatura e Deporte
Por José Luis Salvador Alonso (Autor).
Em VI Congresso de Educação Física e Ciências do Desporto dos Países de Língua Portuguesa
Resumo
Paso moitas horas vendo deporte a través da televisión. Agora, e rematado aquilo da "guerra fría", xa me implico moito menos. Fose o deporte ou a modalidade que fose, o primeiro que me gustaba era que non gañase o ianqui, para non aturar aquela propaganda do "american way of life" que inmediatamente poñían no aire os axitadores imperiais, e en segundo lugar, e só se era posible, que vencese o soviético. Entendo que son historias miñas, os xoves saltan o capítulo do franquismo ou do salazarismo (teñen razón) e dentro de moi pouco o da guerra fría evocaralles algo relacionado coa liga do "hóquei xeo", ou cun xeito divertido de comer xeados. A última competición deportiva coa que sentín paixóns desaforadas, interese, perplexidade, abraio e curiosidade foi durante a Olimpíada de Barcelona, dentro dese intre de tempo que marcou a Olimpíada do 92, só sentín admiración polo indomable espírito campesiño de Indurain e un infinito divertimento nos avatares do Betis e da dualidade sevillana.