Resumo

Falar de violencia nos espectáculos deportivos é un tema que, desafortunadamente, nos últimos anos resulta bastante habitual. Aconteceron hai unhas décadas feitos alarmantes, a nivel nacional e internacional, que sacaron á luz un problema ata o de entón non recoñecido como tal e a partir de aí, acertadamente ou non, establecéronse estratexias de seguimento e prevención de distinto tipo. Nembargantes, o que tamén ocurriu é que os sucesos violentos resultaban chamativos, creaban expectación, en definitiva, "vendían", e iso trouxo tras de si un uso interesado e oportunista do tema, tanto por parte de distíntos profesionais como dos medios de comunicación.