Resumo

Na presente comunicación tratamos dunha nova actividade lúdico-deportiva de recente creación que se practica na area (o balonmán-praia), polo que comezaremos por defini-los obxectivos que con ela pretendemos obter, para logo facer unha pequena xustificación destas novas prácticas na area, centrándonos finalmente no balonmán-praia, indicando onde e cando naceu, como evolucionou e cal é a súa situación na actualidade, centrándonos especialmente en España, mostrando finalmente o regulamento da Real Federación Española de Balonmán.